lunes, 27 de octubre de 2014

CANTAMOS.O SAMAÍN. CANCIÓN DE LOS ESQUELETOS.

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo converteu en día de Todos Os Santos. A noite do 31 de outubro comezaba o  Ano Novo Celta, e  as ánimas dos mortos visitaban a casa dos seus familiares para tomar algo de alimento e quentarse. Esta celebración  chamábase "Samhain" e tiña como obxectivo honrar aos antepasados.


                               

 
Esta canción dos esqueletos é moi apropiada para esta festividade.

miércoles, 22 de octubre de 2014

CANTAMOS. WHEN I'M GONE. RITMO DE LOS VASOS.


Neste curso, os rapaces de 6º están emocionados con este ritmo tan divertido!!!.Hai alguns que xa teñen o vaso gastado de tanto darlle. Neste wix do blog Música Meruelo tedes a versión orixinal coa letra en inglés e varios tutoriais para que practiquedes.


http://mariajesusmusica.wix.com/cups

miércoles, 15 de octubre de 2014

AS CUALIDADES DO SON. TEACHER INVADERS


Lembrade que as cualidades do son son catro: a altura, o timbre, a duración e a intensidade. No seguinte mapa conceptual , elaborado por Paola Oliva, poderedes repasalas. 





Agora  vos toca demostrar todo o  aprendido, pois neste xogo  tedes que contestar preguntas relacionadas coas cualidades do son e ademáis tedes que intentar acabar cunha invasión de profes alieníxenas. A ver quen acada a maior puntuación. 



lunes, 13 de octubre de 2014

¿QUE INSTRUMENTO SOA?


Escoita atentamente, e cando estés seguro de cal é o instrumento que está soando pica enriba del. Podes escoitar os sons tantas veces como precises.


CANTAMOS. MI FAMILIA


Todo o mundo a cantar esta simpática canción dos paiasos  da tele Gaby, Fofó e Miliki. 

http://youtu.be/J6BDbY3WOww

domingo, 12 de octubre de 2014

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

Para repasar os instrumentos musicais e a súa clasificación temos este fantástico material elaborado por Jorge Bravo. Ademáis de recordar o nome dos instrumentos propostos e a familia a que pertencen, escoitaredes un pequeno fragmento musical interpretado por cada un .



 Outro fantástico recurso para seguir aprendendo.
 Elaborado por María Jesús Camino Rentería.



E para os máis pequenos aquí tedes  un vídeo de youtube no que lembraremos os instrumentos de percusión.

lunes, 6 de octubre de 2014

REPASAMOS O NOME DAS NOTAS NO PENTAGRAMA

Pulsa na imaxen para empezar. Pediranche que localices unha nota no pentagrama. Cando a atopes, preme enriba dela. E fai así con todas.




Este exercicio é distinto. Escribe ti o nome das notas nos recadros.


AS NOTAS MUSICAIS

CON ESTE DIVERTIDO VÍDEO PODEREDES  REPASAR AS NOTAS MUSICAIS. ESTADE ATENTOS, POIS TEDES QUE REPETILAS O MÁIS AFINADO POSIBLE. 


jueves, 2 de octubre de 2014

A PARTITURA MUSICAL.

Aquí vos deixo este estupendo wix elaborado por María Jesús Camino Rentería para que poidades repasar os elementos fundamentais que aparecen nunha partitura. Pulsade na imaxe para empezar.