domingo, 23 de febrero de 2014

CANTAMOS. EN EQUIPO ES MÁS BONITO.

Esta canción pertence á serie infantil de televisión "Los Mundos de Yupi", emitida  en TVE dende abril de 1988 ata marzo de 1991. Estámola traballando en primeiro curso de primaria; os demáis rapaces do cole xa a saben. Escollémola por lembrarnos o importante que é valorar aos amigos e traballar en equipo.

               

sábado, 22 de febrero de 2014

MUSICAL RACE

 Neste fantástico xogo, creado por Julio Payno, que aparece no seu blogue Aula de Música, teredes que ir contestando diversas preguntas de linguaxe musical, historia da música, percepción auditiva, cuestións sobre instrumentos... Cada vez que avancedes unha casilla,  premede nos signos de interrogación para obter a seguinte proba. A VER QUEN CHEGA MÁIS RÁPIDO Á META!!!
Cando rematedes e empecedes de novo, atoparédesvos con preguntas diferentes.



jueves, 20 de febrero de 2014

XOGAMOS COAS NOTAS.

ATENCIÓN!!!!!! Con este xogo poderedes mellorar o voso oído e a vosa memoria musical. Trátase de memorizar cada vez máis sons e de ser capaz de repetilos.

                                                                                 
       

ATRAPA AS NOTAS.

Con este xogo poderedes practicar o nome das notas no pentagrama.A ver quen acerta máis!!!!!
Cada vez que vos apareza unha nota, teredes que pulsar enriba da tecla que ten o seu nome. Se acertades iredes sumando puntos. Boa sorte.




FRAUTA 3º CURSO. A LA CLAIRE FONTAINE.

A nova partitura que imos traballar incorpora un  novo son, o RE agudo ( Re´ ). Tedes aquí a partitura e a base instrumental por si a queredes ir estudiando.

 














lunes, 17 de febrero de 2014

FRAUTA 5º CURSO. CANCIÓN DE CUNA.

JOHANNES BRAHMS compuxo no ano1868 esta preciosa "nana", e dedicoulla ao segundo fillo dunha boa amiga, Bertha Faber, unha famosa soprano, que a cantaría para Brahms e para todo público de Viena en numerosas ocasións.
         Alemania (1833-1897)  
                                            
                       Tedes aquí a partitura e o acompañamento que xa usamos na aula, para tocala de novo.


                  

domingo, 16 de febrero de 2014

CON VIENTO A FAVOR. ROSANA.

Fai polo menos dous cursos que preparamos esta canción, que penso vale a pena lembrar, pola mensaxe tan positiva que nos quere transmitir. Nós fixemos a nosa particular versión, incluindo percusión corporal. Paréceme que a teño grabada en vídeo; teño que localizalo e de seguido poñereino para que o vexades.







viernes, 14 de febrero de 2014

FRAUTA 3º CURSO. FAIS DODO.


Seguimos repasando. Con esta melodía poderedes practicar as notas SI, LA E SOL. ADIANTE!!!!!

                


       

jueves, 13 de febrero de 2014

CANTAMOS. EL SECRETO DE LAS TORTUGAS. MALDITA NEREA.

Esta canción de Maldita Nerea, "El secreto de las tortugas", ten moitísimo ritmo. É unha estupenda melodía  incluida no segundo disco do grupo (2007), e invita a  bailar e cantar sen parar. Facede a proba!. Espero que a disfrutedes.

 



miércoles, 12 de febrero de 2014

FRAUTA 3º CURSO. SOUVENIR DE VALSE

 PARA OS MEUS PEQUENOS FRAUTISTAS DE 3º CURSO, QUE SE ESTÁN ESFORZANDO MOITO ESTE ANO. AQUÍ TEDES ESTA MELODÍA PARA QUE A POIDADES REPASAR.


      






martes, 11 de febrero de 2014

APRENDE XOGANDO 2. CONCEPTOS MUSICAIS.


E seguimos repasando con máis preguntas; aquí vos deixo outra tandada de cuestións que resolver. Xa sabedes o que pasa si sodes capaces de resolvelas todas correctamente!!!!!.

domingo, 9 de febrero de 2014

XOGO DA OCA MUSICAL.


Recurso obtido do blogue " daclavedisol.blogspot.com.es"

Con este xogo da oca musical poderedes aprender cousas novas de música e reforzar outras xa sabidas, dun xeito moi divertido.
 A xogaaaaar!!!!!

FRAUTA 4º CURSO: EDELWEISS

EDELWEISS, é unha flor da mesma familia que as margaridas, e se coñece tamén como "flor das neves"  ou "Edelweiss", palabra alemana. Medra nas pradeiras dos Alpes.Actualmente é unha especie protexida e non se pode coller.
Na película "Sonrisas y Lágrimas" de Robert Wise (The Sound of Music,1965), inclúese unha melodía coñecida co nome de esta flor.A peli está protagonizada por Julie Andrews e Christopher Plummer. A música é de Richard Rogers e a letra de Óscar Hammerstein.





                                                                                                


                          
                     Orquesta e Coro. Preciosa!!!!                                 Escena da peli, na que se canta  Edelweiss                                                                                                                                         


sábado, 8 de febrero de 2014

FRAUTA 5º CURSO. LOVE ME TENDER.

Elvis Aaron Presley (1935-1977) , actor e cantante estadounidense considerado como o Rei do Rock   and Roll , é  unha das grandes figuras musicais do século xx . Durante a súa carreira grabou 150 álbumes e  protagonizou  31 películas.  Algunha da súas cancións máis coñecidas son:   Bridge Over Troubled Water , Don´t Be Cruel, In the  Ghetto,  Heartbreak Hotel, It´s Now or Never , Jailhouse  Rock , Can´t falling in love,  Love me Tender...   

                                               



viernes, 7 de febrero de 2014

FRAUTA 6º : CAN YOU FEEL THE LOVE TONIGHT.

Aínda que xa a preparamos durante o primeiro trimestre do curso, aquí tedes esta fermosa melodía, composta por Elton John, para que a sigades practicando coa frauta.
"Can you feel the love tonight" pertence a banda sonora da película "El Rey León", (The Lion King), de Walt Disney, que se estrenou no ano 1994.


                                            

            

jueves, 6 de febrero de 2014

APRENDE XOGANDO.CONCEPTOS MUSICAIS.

CON ESTE XOGO TE DIVERTIRÁS UN MONTÓN MENTRES REPASAS CONCEPTOS DE MÚSICA E, ADEMÁIS, PRACTICAS UN POUQUIÑO DE INGLÉS.




NOTAS, FIGURAS E SILENCIOS.

 SEGUIMOS REPASANDO!!!!!!!!
















































MATERIAL DE MARÍA JESÚS CAMINO RENTERÍA.
musicameruelo.wordpress.com

APRENDO MÚSICA. LINGUAXE MUSICAL. AS NOTAS MUSICAIS.

         Estas tarxetas musicais axudaranvos a repasar a colocación das notas  no pentagrama.
  Elaboradas  pola profe de música María Jesús Camino Rentería,            .         


                                      

                                      

                  

                     

sábado, 1 de febrero de 2014

24 ARAÑAS


Con este divertido xogo, repasaredes a colocación das notas no pentagrama. Recomendado para todos os cursos. Prestade moita atención as instruccións.